I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego

O próximo 25 de xaneiro de 2020 terá lugar a I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego, organizada pola Asociación Galega de Xermanistas (AGX) en colaboración coa AGPTI, a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago. A xornada celebrarase na Biblioteca Concepción Arenal (Campus Vida), en Santiago de Compostela.

O programa de actividades inclúe un obradoiro práctico de tradución (25 participantes). As persoas inscritas que queiran participar nel recibirán textos cos que se traballará con varias semanas de antelación para a súa posta en común o propio día de celebración da xornada.

A inscrición é gratuíta para socias da AGX e da AGPTI. Para o resto de público a cota é de 10 euros, que se aboarán o mesmo día da xornada.

O prazo de inscrición é até o 18 de decembro de 2019 ou até completar aforo (30 participantes). Para se anotar, é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo infoagx@gmail.com cos datos persoais e coa indicación de se se desexa participar tamén no obradoiro ou non.

Pódese consultar o programa completo da xornada na páxina web da AGX.