Merenda-conversa: A interpretación nas industrias culturais

O próximo xoves 24 de setembro, a AGPTI recuperará en formato merenda-conversa o faladoiro sobre a interpretación nas industrias culturais que non puido realizarse na pasada Culturgal 2019.

Este encontro virtual, dirixido a  socias e socios da AGPTI e moderado pola vogal de interpretación Lara Santos, contará coa intervención de Susana Piñón e Béatrice Pépin.

Ambas as profesionais, coñecedoras dos procesos de organización de eventos, ciclos e xornadas, conversarán sobre a contratación de servizos de interpretación no sector cultural (cando e como se contratan intérpretes na organización de festivais, concertos, ciclos de cine, presentacións de obras, entregas de premios, congresos ou eventos do mundo da cultura e das industrias culturais en xeral).

  • Público: socias/os da AGPTI profesionais da interpretación
  • Data: xoves, 24 de setembro de 2020 de 16:00 a 18:00
  • Lugar: virtual a través da plataforma Zoom
  • Inscrición: nesta ligazón
  • Prazo de preinscrición: até o 23 de setembro