Seminario de tradución xurídica español-alemán en Santiago de Compostela

A AGPTI colabora coa BDÜ, asociación alemá de profesionais da tradución e interpretación, na organización do seu seminario anual de tradución xurídica que nesta edición de 2016 terá lugar en Santiago de Compostela coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela.

O seminario inclúe sesións maxistrais de dereito comparado dos sistemas xurídicos alemán e español, en que se abordarán aspectos de dereito penal (delitos e faltas relacionados con estupefacientes, así como delitos de homicidio e de asasinato) e de dereito civil (contratos de compravenda de bens raíces), e sesións prácticas de tradución do español para o alemán. Complétase cunha visita aos xulgados da cidade, unha conferencia sobre a conformación da linguaxe xurídica galega a cargo da Dra. Iolanda Galanes (UVigo) e mais un programa cultural.

Os membros das asociacións que conforman a rede Vértice teñen dereito a desconto na inscrición. Cumprirá que previamente se poñan en contacto coa AGPTI.
Persoa de contacto: Patricia Buján Otero
Correo: presidencia@agpti.org

Máis información sobre o seminario: