Acto de entrega do VI Premio Xela Arias

Xa temos data para celebrarmos o acto de entrega do #PremioXelaArias á Asociación Galega Editoras.
Con el, queremos premiar o seu labor na promoción dos libros en galego, un dos sectores que dá máis visibilidade á profesión da tradución, e a súa dedicación para espallar os valores colectivos do asociacionismo.
Será o vindeiro sábado, día 16, no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia.
Entrega premio Xela Arias
Algunha vez quixeches saber como se traduce un libro? Contaremos cun coloquio entre editoras e tradutoras para coñecermos os lazos que unen as nosas profesións e as sinerxias que podemos crear.
Acude celebrar o Premio Xela Arias connosco!